Mostrando entradas con la etiqueta ROBERT FROST. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROBERT FROST. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de marzo de 2010

¿Frost...? ¿Pero quen ven sendo ese... "Frost"?


Pois o tal é un dos maiores poetas estadounidenses do s. XX. E naturalmente que está moi ben acudir a certas páxinas da rede (ou nube: sexamos modernos) para ter información sobre os nomes dos seus pais e cales eran os seus pratos preferidos os días de festa. Pero se falamos dun poeta, mellor será ler algún poema, ¿ou?

(Vale: non é obrigatorio... ¿Quen dixo que estiveramos aquí por gusto? Cuidado coa poesía...: ¡Mata!).

A ver se atopas algún que "recorde" ao poema premiado do personaxe George Kellog...

martes, 30 de marzo de 2010

Fábrica de snobs


Como xa fixéramos coa obra anterior, podemos achegarnos agora a ésta poñendo a lupa sobre as primeiras páxinas. Se ben comeza co nome do poeta Frost, e apunta, como ao final de "Vida de este chico", que estamos ás portas da victoria de Kennedy -ou sexa, en 1960-, pronto métese na cuestión das diferencias de clase social (lembremos o título deste capítulo 1). Se ben nesta escola parece reinar un certo silencio sobre as diferencias de clase, esas diferencias existen, a pesar da imaxe oficial que a escola pretende dar de si: "(...) a falta de otras distinciones, uno se plegaba a un sistema de valores establecido que no tenía en cuenta más que lo que uno había hecho por sí mismo. (...) Cualquier cosa que uno hiciera por sí mismo, el colegio la aceptaría como muestra de valor por encima de cualquier otra consideración" (p. 16).

Máis adiante, na p. 42, falando do problema que tivera con Gershon -ver comentarios de Batiscafo na entrada primeira deste blog-, cualifica á escola de "fábrica de esnobs". Mais, ¿que é un snob? ¿Ten algo que ver co intento de ascender en sociedade, coa distinción de certa clase alta, coa marxinación de quen "non está"? (Ver os dous enlaces anteriores pode aclarar algo isto). En calquera caso, recorda que no libro anterior Toby-Jack buscaba ese ascenso. Se ben é certo que agora é outro perxonaxe (a nai morta, en 1960 non entra na escola pois xa vai no derradeiro curso, é fillo único), pero con moitas similitudes (o tipo de escola, a orixe xudea, o interese pola literatura, a simulación,...). Na p. 17 parece indicar o punto de fuga buscado: "Puede que por eso tantos quisieran convertirse en escritores. Puede que les pareciera, como me ocurrió a mí, que ser escritor era huir de los problemas de sangre y de clase." Ou sexa, no seu caso, da orixe xudea e o risco de marxinación que conlevaba, e da orixe social da que procedía.

Consideramos de interese ter en conta a aparición do problema de clase xa nas primeiras páxinas. Lembramos con certa confusión que nunha entrevista concedida polo autor cando o libro foi traducido ao castelán, Wolff referíase a isto, e recoñecía que ao comezo escribía a historia sen ter en conta o peso dos problemas que a clase comportaban. Foi despois dunha conversación cun amigo, cremos, que caeu na conta, replanteándose a obra aínda en formación. Claro que talvez a memoria estea a tomarnos o pelo por enésima vez...