Mostrando entradas con la etiqueta DON QUIJOTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DON QUIJOTE. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de mayo de 2010

Reunión cinco e pico (días despois)

Días despois da renión V do día 15, "a oficial", fixemos algo así como a súa "repetición" pensando nas persoas que non puideron estar, máis J., que si estivo, pero quiso repetir xa que non tiña os capítulos mirados.
Unha vez máis o xa coñecido espírito que invadía a habitación nas reunións máxicas de cando estabamos con "Vida de este chico", que tanto botamos de menos ás veces, volveu para recordadrnos a íntima relación entre vida e literatura. Esa relación da que nos quere falar Wolff neste libro, pero que non necesitamos recoñecer soamente neste libro. O noso querido espírito aparece unha e outra vez, con movementos parecidos a eses ventos do Bosque Vello de Buzzati, para empaparnos con esa sensación de que ficción e vida están no caso dos seres humanos de carne e oso permanentemente asociados...
Saíu tamén o inevitable tema do problema xudeo, que tanto parece atraer a Wolff nesta obra e na anterior, e non soamente a este escritor estadounidense, senón como comentamos, noutros da mesma nacionalidade: Henry Roth, Philip Roth, Salinger, Singer, etc. A literatura escrita por estadounidenses con sangue xudeo (de tres ou catro gotas a litros) é practicamente un xénero. Tirando do fío, chegamos a España e Galicia: ¿sucede aquí ouitro tanto cos xudeos? Non é o mesmo, desde logo, pero non debemos olvidar... Mellor dito, deberíamos recordar, ou saber dunha vez, o sucedido na península no século XIV (Sevilla, Andalucía, Levante, Cataluña, Baleares...), e deberíamos facer traballar algo máis a nosa imaxinación para tratar de reproducir en imaxes as escenas de familias completas abandoando o seu país no século XV levando a chave da casa consigo... para non volver.
Tamén o Quijote foi tema de conversación entre nós, e cómo non, se se trata de falar da relación entre esa cousa que a xente soe chamar "realidade" e a ficción... Parte I, capítulo XXV da famosa obra de Cervantes, especialmente ao final. E como exemplo, un botón: deixemos falar por si mesmo a ese capitán Trueno da Mancha que para moitos pasa por tolo: "Yo imagino que todo lo que digo es así, sin que sobre ni falte nada, y píntola en mi imaginación como la deseo, así en la belleza como en la principalidad, y ni la llega Elena, ni la alcanza Lucrecia, ni otra alguna de las famosas mujeres de las edades pretéritas, griega, bárbara o latina. Y diga cada uno lo que quisiere; que si por esto fuere reprehendido de los ignorantes, no seré castigado de los rigurosos." Fala, claro, da súa Sigrid de Thule. Fala, claro, polo tanto, ¿de que...?

lunes, 29 de marzo de 2010

Cita inicial


As citas inicias do libro anterior acabaron por ser bastante clarificadoras, se un se para a pensar nelas a touro pasado... Probemos agora a facer outro tanto coa da páxina 9 sobre a verdade e a mentira (supoñemos que non exactamente en sentido extramoral, mais pode que tamén, a maior gloria do vello dinamiteiro). Reflexionemos un anaco sobre ese galimatías que parece un círculo vicioso (e probablemente o é)... Mmmmhhh... ¿Xa está?

¿...Non?

¿Será cousa de volver sobre esta cita máis adiante, cando as cousas se manifesten cual espírito desocupado debaixo do vaso dos fans da "Ouija"? ¿Teremos que acordarnos daquel tipo montado nun cabaliño nas últimas que xogaba ao Capitán Trueno polas pedras resecas da Mancha en compañía doutro friki que falaba raro...?

Pode. Mentres, aí va información sobre o tal Mark Strand, poeta... O poema en cuestión está publicado en castelán dentro do libro "Sólo una canción", por Pre-Textos, como non, no ano 2004 ((con Andrés Trapiello como un dos dous tipógrafos, todo hai que dicilo).

Vale.