Mostrando entradas con la etiqueta POEMAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POEMAS. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de mayo de 2010

"Hagamos caso al tigre", de Ana Merino (ilustrado por Max)

(Ilustración de A.C.S.)


Retomando a Ana Merino, que a temos algo olvidada de máis, resulta que non para, e agora acompañada por unha figura do cómic e a ilustración hispanos, nada menos que Max. Non é de extrañar: Ana Merino é coñecida tamén polo seu saber no mundo do cómic en xeral, e polo do cómic "indie" ou alternativo en particular...
¿Seguimos sen ter opinión algunha sobre os poemas de Ana Merino, polo amor de Deus (ou polo menos... por favor)? ¿Mmmh...?

lunes, 19 de abril de 2010

Reunión V (15.de Abril)

O xoves 15 reunímonos outra vez, para falar dos dous capítulos prefixados). Non estabamos todos, mais aá mitade da reunión sumouse, por primeira vez "en peroa", B., que ata agora só estaba con nós virtualmente.
Falamos da tendencia do protagonista á simulación, como o Toby-Jack do primeiro libro. E tamén do "problema xudeo", ou da condición de ser xudeo, neste caso na sociedade estadounidense. Outro elemento xa presente na obra anterior. Ambas cousas podemos aprecialas no conto que o protagonista plaxia da revista da escola feminina cercana: a simulación, a necesidade de representar ser outro, o ocultamento da condición de xudeo ou de ter tres gotas e media de sangue xudeo no pé esquerdo -fundamental e angustiante, ao parecer-. E a relación co outro sexo, e o roce coa xente dunha clase social superior, o desexo de ascenso social, o clasismo, o esnobismo...
Chamou a atención saber a discriminación en EE UU polo feito de ser da comunidade xudea, ou da etnia xudea, ou como queiramos dicilo. A discriminación por "ser diferente" dase en todas partes, por desgracia. tamén en EE UU. O cal non significa que as discriminacións sexan iguais en todos lados. En 1960 ou hoxe, unha persoa -e iso di Wolff nesta obra, p. ex.- podía e pode sentirse "desprazada" ou "illada" de xeito moi sutil polo resto, de aí a súa mecesidade de calar, de mon falar diso nin siquera co compañeiro da habitación, quen por certo chega a dicir que o conto "do protagonista" era "o seu conto". Curioso...
Tamén repartimos fotocopiado o soneto de Shakespeare número XXIX ("Cuando, en desgracia..."), que da título ao segundo capítulo que tocaba para esta reunión, e que axuda a comprender algo mellor a situación do rapaz -alomenos parte do soneto-: se premes neste enlace podes lelo completo, e algo máis tamén.

martes, 13 de abril de 2010

Ana Merino ("Juegos de niños"): "Roer los lápices del enemigo"

(Ilustración de A. Suárez)


O libro de Ana Merino (Madrid: 1971) Juegos de niños, suxestión de lectura -voluntaria- para este club, é un dos que convén ter a man cando, por exemplo, un pilla medo de noite e xa non pode culpar ós monstros que viven dentro do armario. Ou cando o desexo fascina pola dose de veleno que conleva. Cando o outono, cando o inverno... Se alguén tivo algunha vez algo parecido dentro de si, por favor, que o lea. Quen o faga sairá desta con algunha que outra apócema para ir tirando. Só iso, posto que non hai fórmulas matemáticas para se desfacer do amargo, senón algo máis parecido á estratexia da lagartixa. Si, si, digo ben: soñar cun murete soleado. ¿Que non se sabe do que estou a falar? Pois lédeo (e van dúas), que aínda hai máis. Estes poemas son cancións de patio, pero noutro compás. Véndeno cun billete para explorar outras escuridades, e de paso, namorarse dos monstros, e xogar. Pode que medrar sexa xogar a algo áspero, como salitre na pel. Poema vai, coidado:

Para sobrevivir lo cotidiano

Al bajar al sótano mi ropa sucia
olvidé que guardaba un puñado de ideas
en el bolsillo de atrás del pantalón,
y al sacar la ropa limpia de la lavadora
las descubrí desperdigadas
en trozos de papel totalmente ilegibles.

Desde ese momento
el alma de las cosas susurra que estoy loca
porque rezo al revés a un dios que ya no existe,
y me salen estigmas en las manos
y me vienen a ver desconocidos
que se quedan conmigo por las noches.

Se ahogaron mis palabras en agua enjabonada
y no pude encontrar su rastro en mi cabeza.

Las letras que surgieron de mis dedos
que anoté en los papeles que guardé en mi bolsillo
eran mi dirección, mi nombre,
el título de un libro,
los idiomas que hablo, las cosas que no digo.

Eran fórmulas mágicas para sobrevivir lo cotidiano,
cómo abrir el buzón y dar los buenos días
cómo no abrir la puerta al hombre seductor
que nunca se refleja en los espejos.

Todo lo que anotaba eran pequeñas pistas que seguía
para recomponer las piezas de mi cuerpo,
para no equivocarme y saber quién soy
sin tener que pensármelo dos veces.