domingo, 2 de mayo de 2010

"Tú nunca me has gustado", de Chester Brown

Ilustración de Alicia

Como obras "complementarias" (?) deste club de lectura dedicado a dous libros de Tobias Wolff propusimos desde antes de Semana Santa a posibilidade de ler o libro de poemas de Ana Merino -que alomenos M. e Batiscafo, e pode que I., emprenderon-, a película de Truffaut titulada "Os catrocentos golpes" -tan eloxiada por Batiscafo e talvez vista por M. e I., non sabemos-, e, para rematar, o cómic "Tú nunca me has gustado", do canadiano Chester Brown, un dos máis destacados desa cousa que nos últimos anos dáse en chamar "cómic indie".
Imos con Brown.
De Brown temos en España desde fai algúns anos varias das súas máis recoñecidas obras, o cal non quere dicir que esas obras sexan coñecidas (polo gran público). Non debemos olvidar que no noso país a xente en xeral sigue considerando os cómics como algo máis ben de pouco valor. Non é así en Francia ou Italia, mais iso é outro conto que deixamos para outra vida.
Non temos nin idea de qué iso chamado "cómic indie", pero podemos intentar un esbozo: son cómics que se saen do cómic convencional (en EE UU e Canadá, os superheroes, basicamente; en Europa, os cómics de aventuras ou humorísticos; en España, os mortadelos, os peores mangas e os superheroes de calquera condición), que soen ser relatos autobiográficos, con debuxos e planificación máis ben sinxelos ou enganosamente sinxelos, editados de tal forma que se poidan evitar grandes gastos (pequeno tamaño, branco e negro, papel modesto, etc.), distribuídos con dificultade e atopables en librerías especializadas en cómics ou, como moito, nalgunha librería onde nos últimos anos comezan a dar cancha a certas editoriais (Astiberri, Sins Entido, Ponent, etc.) que conectan con autores e lectores deste secreto vicio...
Da forma de construír as páxinas que Brown ten merece a pena dicir algo. Recorta con tixeiras as viñetas debuxadas e logo vai pegando éstas sobre as páxinas. Iso explica a extraña distribución desas viñetas que ás veces sorprende ao lector. Marca da casa, pódese dicir.
Sería moi de agradecer que os que levaran este album para casa intentaran escribir aquí algo sobre el, ou sobre Brown, etc. Persoalmente, un considera este album como un elevado número de páxinas a modo de "prólogo" ou "introdución", para finalmente chegar as páxinas esenciais desta historia: desde a 178 á 185, ambas incluídas. Admítense obxeccións.

2 comentarios:

  1. Para Kar: Respondo aquí, e non máis abaixo, non sei moi ben por que. Non, non pensamos ler "En el ejército...", porque nin hai diñeiro para iso, nin tempo. E tampouco era o proxecto. Talvez outro ano...
    Sobre Nabokov: no libro-curso sobre literatura europea, ésta é a lista completa de autores, por se é do teu interese (atopables os tres libros na Glez. Garcés): Jane Austen ("Mansfield Park"), Dickens ("Casa desolada"), Flaubert ("M. Bovary"), Stevenson ("Dr. Jekyll..."), Proust ("Por el camino de Swann"), Kafka ("La metamorfosis", cuxa traducción adecuada debería ser "La transformación"), Joyce ("Ulises"), e un engadido: "El arte de la literatura y el sentido común".
    Pois xa sabes...

    ResponderEliminar
  2. Vale. Muchas gracias. Lo dicho intentaré leer todo lo que pueda, sino quedará para verano... pero supongo que como este blog no cerrará por vacaciones en cuanto los lea comentaré por aquí mis impresiones.

    Hasta pronto.

    ResponderEliminar