sábado, 3 de abril de 2010

William Faulkner

Frost, Hemingway o Nabokov son autores dos que se fala xa desde as primeiras páxinas do noso libro, mais tamén dun certo William Faulkner (pp. 18-19), a propósito dun conto seu referido á relación dun fillo co seu pai.
¿Quen ven sendo ese tal Faulkner? Nin máis nin menos que un dos tres ou catro escritores máis importantes do s. XX,. xunto con Kafka, Proust, Musil ou Joyce. Non é un calquera, e a súa impronta nótase en escritores máis cercanos a nós por razóns culturais como poden ser Juan Benet (e polo tanto Javier Marías) ou o ubícuo García Márquez: a "Región" de Benet ou o "Macondo" de Márquez son sendas versións do faulkneriano "condado de Yoknapatawpha".
Autor de numerosas novelas e contos de persoal estilo, con frases longas que contrastan coas frases breves e cortantes do seu contemporáneo Hemingway, e coñecido tamén como guionista de Hollywood nos vellos tempos: todo un mercenario. Probablemente viches na televisión máis dunha película con guión deles. Ou sexa, de Faulkner e a súa botella. Os escritores estadounidenses permanentemente pegados á súa botella, como o capitán Haddock, son lexión: Hemingway, Fitzgerald, Cheever, Carver, Bukowski... E tamén Faulkner.
Posiblemente coñeces (algunhas) películas dos irmáns Cohen ("Arizona baby", "Oh, brother", "Fargo"...). Unha delas chamábase "Barton Fink", interpretada por John Turturro, na cal hai un recoñecible homenaxe ao "Faulkner hollywoodiense".
Numerosas obras do propio Faulkner foron adaptadas ao cine e á televisión.
Pois ben, ao que íamos: nas páxinas 17-18 do libro de TW, onde se fala do conto faulkneriano titulado "Quemar cobertizos", podemos ver non soamente a importancia da literatura na escola do libro de Wolff, senón tamén algo que consideramos ata certo punto -talvez equivocadamente- un trazo característico do sistema educativo estadounidense, alomenos dun recente pasado: a consideración da literatura non como unha asignatura memorística (datos, etiquetas, nomes, correntes, etc.) regada de lecturas obrigatorias que quedarían ao marxe das vivencias dos alumnos, senón máis ben como pontes entre persoas que escriben (narracións, poemas) do ser e da vida, e persoas de carne e oso que len aire e vida que tocan e respiran nas páxinas desa novela ou libro de poemas. Se relemos o que o personaxe do noso libro di sobre o rapaz do conto faulkneriano, e a relación co pai, e as reflexións e emocións que de aí se seguen, verase isto mellor. Un non pode deixar de recordar a película titulada en castelán "Esplendor en la hierba", e aquela aula, e aquela escena que se le o poema de Wordswood que da nome oa filme...

4 comentarios:

  1. Vaia, marchas de vacacións e nun momento de mirar para aquí atopas unha cantidade de información abrumadora... estupendo.

    Non sabía onde escribir, e coma esto parecía unha especie de "con quen quedas entre Frost, Hemingway e Faulkner" pois eu quedo con Faulkner, sen lugar a dúbidas. A Frost non o coñecía e sempre tiven unha particular aversión cara Hemingway. Sempre pensei que estaba sobrevalorado e, de feito, só puiden acabar "Adiós a las armas".

    Estame a encantar cómo o libro navega polo submundo dos literatos, e como ben di D.F. non coma se fai normalmente nas nosas clases de literatura (historias de datas e autores) senon como os libros atrapan os mundos dos protagonistas cambiando para sempre o que teñen ao seu redor... ese espíritu de escola doutro tempo (se algunha vez existiron este tipo de escolas) que eu sempre atopei en libros pero nunca na vida real pero paréceme romántica e ilusionante. Os rapaces loitan por superarense nese universo literario de poderen coñecer aos autores.

    Eu, como nunca coñecín a un escritor verdadeiramente famoso nunca tiven o privilexio de pasar da irrealidade imaxinada da persoa que está detrás das letras ao autor "real", como estes nenos si poden facer... Gústame a humanización do protagonista co subebaixa que lle provoca a escritora apaixoante, a sensibilización e a reivindicación da imperfección.
    E tamén fascinoume a ilusión de coñecer a Hemingway, unha noticia xa anunciada en silencio desde o comezo do libro. Porque non se nos "machaca" igual con Nabokov que con Hemingway o incluso con Faulkner, inda que sempre o teñen como referencia.

    Outra cousa, quería resaltar o papel dos profesores de literatura, os sabioncillos e pedantes... recordo un libro (Intercambio, de David Lodge) no que se parodiaba moito aos profesores de literatura (neste caso universitarios, pero é o mesmo) co seu afán de amosar sempre que leron todo outorgando datos ou visións imposibles.

    Volvínme a sair do tema. Seica lín ata a páxina 140 hai xa unha semana e non me lembro de cousas concretas. E tamén levo unha semana con ganas de saber qué inxenio decadente sacará o señor H. para maravillar ao noso intelixente alumnado.

    Saúdos e boas noites.

    ResponderEliminar
  2. Parecerá increíble pero los nombres que nunca escuche antes de ``adentrarme´´ en este libro eran: Nabokov, Faulker y Strand (de Frost recuerdo haber leído algo, al igual que de Hemingway). Y son sin embargo por los que mas curiosidad siento ahora mismo. ¿Podríais recomendarme algún titulo de Nabokov y Faulker para empezar a leerlos ?

    Estoy de acuerdo con Batiscafo. Es como una ``utopía´´. Una escuela en la que no te preparan para ``selectivo´´, sino que los profesores te inducen a esa especie de dimensión en la que tu comprendes la obra por ti mismo, sin que vengan enumeradas las características. Recuerdo que nuestra profesora de Lengua y Literatura se lamentaba de tener que dar tan rápido los temas sin detenernos a veces ni siquiera a leer un pedazo de obra de cada autor...

    Saludo y siento(otra vez) escribir tan de noche ...

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Non sei por qué non me aparece o que puxen.

    Lé Lolita e ve a película de Kubrick. Tanto unha como a outra son fáciles de ver e conseguir (Lolita está en anagrama). Eu o que lin despois gustoume moito menos, pero bueno, gustoume tamén Habla, memoria (en anagrama hai moitos)
    de Faulkner eu recomendaría sempre Absalón, absalón! (alianza), pero ten moitos relatos que igual son máis asequibles.

    ResponderEliminar