lunes, 19 de abril de 2010

Reunión V (15.de Abril)

O xoves 15 reunímonos outra vez, para falar dos dous capítulos prefixados). Non estabamos todos, mais aá mitade da reunión sumouse, por primeira vez "en peroa", B., que ata agora só estaba con nós virtualmente.
Falamos da tendencia do protagonista á simulación, como o Toby-Jack do primeiro libro. E tamén do "problema xudeo", ou da condición de ser xudeo, neste caso na sociedade estadounidense. Outro elemento xa presente na obra anterior. Ambas cousas podemos aprecialas no conto que o protagonista plaxia da revista da escola feminina cercana: a simulación, a necesidade de representar ser outro, o ocultamento da condición de xudeo ou de ter tres gotas e media de sangue xudeo no pé esquerdo -fundamental e angustiante, ao parecer-. E a relación co outro sexo, e o roce coa xente dunha clase social superior, o desexo de ascenso social, o clasismo, o esnobismo...
Chamou a atención saber a discriminación en EE UU polo feito de ser da comunidade xudea, ou da etnia xudea, ou como queiramos dicilo. A discriminación por "ser diferente" dase en todas partes, por desgracia. tamén en EE UU. O cal non significa que as discriminacións sexan iguais en todos lados. En 1960 ou hoxe, unha persoa -e iso di Wolff nesta obra, p. ex.- podía e pode sentirse "desprazada" ou "illada" de xeito moi sutil polo resto, de aí a súa mecesidade de calar, de mon falar diso nin siquera co compañeiro da habitación, quen por certo chega a dicir que o conto "do protagonista" era "o seu conto". Curioso...
Tamén repartimos fotocopiado o soneto de Shakespeare número XXIX ("Cuando, en desgracia..."), que da título ao segundo capítulo que tocaba para esta reunión, e que axuda a comprender algo mellor a situación do rapaz -alomenos parte do soneto-: se premes neste enlace podes lelo completo, e algo máis tamén.

7 comentarios:

  1. Que pouca vida ten este blog.
    Eu pasome de vez en cando para mirar, se alguén comentou, para poder discutir-debater.
    Pero nunca hai comentarios novos.

    sau2

    ResponderEliminar
  2. Ben, agora a cousa está algo parada, é certo. Houbo outra reunión, repetición da que se fala nesta entrada, que ten un aínda que escribir. Tamén pasa que moitos dos compoñentes deste club son alumnos de segundo de bacharelato e agora están metidos no inferno do final de curso... Pero si é certo que o ano pasado había máis comentarios. Se o persoal non quere participar por escrito nun blog, pois iso ao mellor significa que o persoal non quere participar por escrito nun blog, ¿ou?
    Mais sempre podes ti, sexas quen sexas, dicir algo. A ver se creamos polémica. Ou polos menos a ver se cambiamos... de conversación...
    D.F.

    ResponderEliminar
  3. Perdón. He tenido dos semanas de trabajos y prácticas en los que no he podido leer los capítulos que restaban.

    No me ha gustado nada el final.No esperaba un final feliz claro, pero si tal vez de otra forma(una forma supongo no adaptada a la realidad en la que cada persona esconde una sorpresa como el Sr. Makepeace (nombre curioso al girar el eje de su argumento en el libro sobre en una guerra, no diré mas para no desvelar parte del final).

    Me sorprendió, eso si, que en realidad no lo conociese. Y sobre todo el giro que da al final cuando conoce a la ``escritora original´´(si es que se puede considerar original algo ...)de la historia que hizo pasar por suya. La indiferencia, supongo que podría expresarlo así, de este personaje hacia su pasado y hacia su academia me resulto fatal, en el sentido de que no me gusto, me resulto un personaje desagradable. Supongo que porqué odiaba todo lo que yo aceptaba en la lectura...

    En fin, me intentare pasar mas a menudo.

    Ciao.

    ResponderEliminar
  4. Para Kar: Xa; creo que entendo o que queres dicir. Ben, xa falarenmos dese final. A min o que non acaba de convercerme é o derradeiro capítulo, porque parece un engadido, como se fora un conto breve que mete con calzador ao final e non sabe un moi ben por que. ¿Non sobra? ¿Non parece que o escritor de contos, Wolff, necesita meter un conto ao final como extraño anexo a unha novela que non é capaz de redondear, talvez porque non é novelista senón escritor de relatos breves metido a novelista momentaneamente? Non sei...
    Outra cousa: ás recomendacións de Batiscafo sobre Nabokov quixera engadir algo, que non é literatura, senón ensaio ou cursos sobre literatura, que un considera de moito interese pola liberdade, frescura (no dobre sentido) e intelixencia que se pode apreciar neles: "Curso de literatura rusa", "Curso de literatura europea", ou "Curso sobre el Quijote", os tres recientemente reeditados por Zeta en versión de bolsillo. O de literatura rusa deixoume un grato recordo, entre outras cousas porque fala de Chéjov, Gógol ou Dostoiévski cunha lucidez e habiliodade para disolver topicazos envexables. No tomiño sobre literatura europea tes seccións dedicadas a Kafka, Joyce ou Proust. Do libro sobre a obra de Cervantes, tan inxustamente criticado por Andrés Trapiello, poderás ler cousas sobre o Quijote que dificilmente atoparás por aí, pois fala desa obra con admiración pero sen remilgos ou falso respecto. Para demasiada xente a obra cervantina é pouco menos que intocable, e Nabokov entra a saco. E non deixa de arremeter contra aqueles que durante tanto tempo intentaron -e intentan- facernos crer que o Quijote é o que nin é nin pode ser.
    Amén.

    ResponderEliminar
  5. Es muy cierto. A mi también me pareció como si el último capitulo fuera un agregado, tal vez por eso no me gusto tanto pero bueno ...

    En cuanto a la ``Lolita´´ de Nabokov, ya lo termine de leer. No era lo que yo esperaba pero me gusto. En cuanto a los ensayos de Nabokov la verdad es que suenan muy interesantes... me tendré que dejar caer por la ``biblioteca de Babel´´ (González Garcés) para devolver ``Vieja Escuela´´ y coger alguno de estos ensayos.

    Gracias otra vez por las recomendaciones.

    -¿Se va a leer finalmente ``En el ejército del faraón´´ ?

    Ciao.

    ResponderEliminar
  6. ¿Kar? Tes resposta nun comentario da entrada dedicada a Chester Brown (que tamén tes na Glez. Garcés, como non. E tamén o DVD de Truffaut, moi recomendable). Chao.

    ResponderEliminar
  7. Kar: De "Lolita" hai dúas versións cinematográficas. Da segunda nada (bo) sei. Pero a primeira é de Kubrick... Iso non garantiza nada, pero promete algo. Probablemente tamén na biblioteca de Babel, como ti dis.

    ResponderEliminar