lunes, 3 de mayo de 2010

"Os catrocentos golpes", de François Truffaut


Ademais do libro de poemas de Ana Merino e do cómic de Chester Brown, dos que xa temos sendas entradas que podes ver, no seu día levamos á reunión non sei cantas o DVD coa película de Truffaut.
¿Por que esta peli, con esa inolvidable música composta por Jean Constantine? Ben, porque garda unha certa similitude -salvando as distancias- coa historia de Toby en "Vida de este chico". Outro tanto cabe dicir coa obriña de Merino e coa de Brown, claro... O filme fala dun neno que é case un adolescente que deambula por París na mesma época que trascurre a parte final de "Vida...", e recordemos que Toby a piques estivo de ir a vivir a París, ao París que ves nesta película, co seu tío. Hai outros parecidos, claro, que podes notar con só tomarte a molestia de... vela. É o que pasa nestes casos: que se un quere ver certas cousas nunha peli, ten que ver esa peli. Son ganas de fastidiar...
Tres ou catro cousas que un sabe da peli: tanto o autor como o propio film forman parte do que se coñece como "nouvelle vague" (nova onda) do cine francés, dos sesenta. Aí estaba xente como o propio Truffaut, ou Godard , ou Resnais, ou Rohmer... Un cine que xa é imposible ver en salas de cine normais, comerciais. ¡Tempos...! Menos mal que queda o DVD, o Forum... e os clubs de lectura, claro. (Se queres engadir nesta entrada o teu comentario, positivo ou negativo, da película truffautiana, pois sería moi ben recibido, a verdade).

(Truffaut e Rohmer xa nos acompañaran noutros momentos e circunstancias no noso escuro pasado...).

7 comentarios:

  1. Teño que dicir que non é a miña favorita de Truffaut.
    Para min esta peli é un dos maravillosos exemplos da mirada atrás de todos nós a nosa infancia. Sempre, sempre, sempre indispensable ver esta peli, reflexionar sobre ela. A min sobre todo impactoume moitísimo polo seu realismo, gústame máis o de Rossellini, pero é a mesma idea.
    A verdade é que nunca pensaría en enlazar esta peli con "Vieja escuela"...

    ¿Por qué non se proxectan películas nos institutos?

    ResponderEliminar
  2. Para Batiscafo: Teño serios problemas -pero moi serios- co termo "realismo". Cada vez que escoito iso non sei se correr, botar a man á carteira ou que. ¿Que é "realismo", e que é "realidade" ou "real", sobre todo cando falamos de literatura, cine ou arte?
    Si que se proxectan pelis nos institutos. Este ano vimos en diferentes asignaturas pelis como "O home tranquilo", de Ford; "Apocalypse now", de Coppola; fragmentos de "Espartaco", de Kubrick e de "O Padriño" (parte I), tamén de Coppola; estamos a ver unha de Spike Lee; vimos outra de Truffaut ("O pequeno salvaxe"), e así... Vemólas en inglés, ademais, porque imos de kamikazes, ou como se escriba iso.
    A peli de Truffaut escollida para este club non está tan relacionada con "Vieja escuela" como con "Vida de este chico", e co cómic de Brown, e cos poemas de Merino.
    Gracias por reaparecer, B. O mércores, día 5 de Maio, ás once, no sitio de sempre, temos outra reunión, sobre os capítulos finais do libro de Wolff. Se podes vir, estaremos ata as once e corenta.
    D.F.

    ResponderEliminar
  3. Perdón, con respecto a realismo, ía con R
    Realismo, de corriente específica.

    E coma sempre, é o que ten meter as cousas nun saco, xa sea temporal, espacial ou outra casualidade varia, pero iso os filósofos o facedes constantemente.

    En xeral eu discrepo da maioría das correntes tipificadas, salvo as que coñezo tan ben que teño as miñas propias ideas sobre elas, que engloban, que teñen dentro e que deixan de lado, e cales se entremezclan ate non saber se son dun lado ou doutro (o cal e todavía mellor). Por todo isto son máis crítica coas musicais.
    Con respecto a todo o demáis, considero que as cousas chámanse por un nome, ti o chamaste "nouvelle vague", e está intimamente relacionado co neorrealismo italiano, o novo realismo, ou o que sexa, se non podes escribir esa palbra porque o termo real adquire outra significación a cal, evidentemente, non poderá nunca acadar vague (inda que poda expandirse moitísimo máis) polo que si podes escribir vague sen querer fuxir... pois adiante, eu penso que é difícil nomear as cousas, pero al final para aclaralas "nun blog" hai que definilas de algunha maneira ou ninguén nos entenderíamos.
    Tamén hai que relativizar as cousas, Realismo simplemente implica unha intención de mostras as cousas coma un as ve, pero non por iso é contraposto a outras tendencias. Simplemente é a intención de facer algo.

    Eu si que a vexo moi relacionada con Berlin, año cero, e ambas intentan amosar unha realidade crúa, que,polo menos para min, e dese tipo de imaxes que están máis vivas que moitas historias que me rodean.
    Cústame explicar esto así...

    Por outro lado, se con ver cine consideras que nunha aula, pechada, é verse cine nos institutos vale, dacordo. Tamén na miña clase vimos películas este ano, e moitos anacos de películas... pero eu referíame a outro xeito de ver cine. Utilizar os proxectores de verdade e para quen quera entrar e disfrutar "desas pelis que xa non podes ver salvo en ciclos específicos"

    ResponderEliminar
  4. Ah, e con respecto ao termo "problema", vou pegar unas frases de Borges, que hai por moitos sitios da rede, porque ademais pega con toda a temática de Wolff e con como se tratou aquí.
    Esto viña a conto por outros motivos, concretamente respondía a Amado Alonso e a un artigo (nome moi desafortunado) "El problema del español de américa"

    "La palabra problema puede ser una insidiosa petición de principio. Hablar del problema judío es postular que los judíos son un problema: es vaticinar (y recomendar) las persecuciones, la expoliación, los balazos, el degüello, el estupro y la lectura de la prosa del doctor Rosenberg."

    ResponderEliminar
  5. Para Batiscafo: Ola... Ben, todo o que quería dicir é que moitos utilizan expresións como "real(idade)" ou "realismo" (incluso con R) dando por sentado que todos entendemos por iso exactamente o mesmo, como se foran evidencias indubidables. E un pensa que non é así. E logo de ler os teus comentarios, sigue un crendo o mesmo.
    Claro que necesitamos utilizar "etiquetas", clasificacións xerais, etc., pero creo que é bo utilizalas bañadas en litros de ironía, distanciándonos delas, pois son simples útiles que sirven xustiño ata onde sirven. Que isto sexa un blog pensado (?) para estudiantes de bacharelato é precisamente razón de máis para engadir maior dose de ironía-distancia, ¿ou?
    Deixemos a polémica de termos e busquemos acordos. Claro que entre a chamada "novelle vague" (termo que aparece na entrada, pero precedido de certa expresión "distanciadora", ou así) e o chamado neorrealismo italiano hai parecidos. E co cine soviético dos tempos primeiros posiblemente tamén. E co cine "Dogma", se cabe. Mais postos a escoller etiquetas-útiles-ficcións, un prefire falar de intentos de facer películas cun maior grao de naturalidade, menor artificio hollywoodense, e contar así historias (¿aparentemente?) máis sinxelas, que non máis simples, ou algo como iso. ¿Rossellini e Truffaut? Desde logo. ¿Non foi Rossellini o mestre de Rohmer? Unha das pelis vistas este ano foi "Ladrón de bicicletas", de De Sica. Mais cando un volve a ver ese filme o que sinte antes que outra cousa non é "realismo", senón poesía, ou sensibilidade poética, ou un non sei qué indefinible (afortunadamente para os lectores deste comentario...). A escena do amanecer co pai e o neno en bici rodeados de centos de bicis con currantes incorporados, e co ceo ao fondo... "Iso".
    Do demais, contesto se che parece no seguinte comentario, por respirar...

    ResponderEliminar
  6. ¿Batiscafo? Sigo...
    Sobre o que dis das pelis no IES, a meior opción é o DVD e en grupos pequenos de estudiantes, en sesións de non máis de media hora. O que ti suxires penso que non é necesario nun IES, e probablemente nin siquera desexable.
    O da etiqueta de "problema xudeo": efectivamente, é unha pésima elección. Pero non atopei outra menos mala. A idea non era os-xudeos-como-problema-nesta-sociedade, ou algo así, senón que Wolff, nesta novela, parece vivir o de ser xudeo como un problema persoal, no seu caso, e no caso do seu compañeiro de habitación, e no caso da chica do relato, e no caso de... En fin, era iso. Tes razón, pois.
    Acabo (¡uf!). A visión que tes dos filósofos ou da filosofía desde logo non vai comigo. Se a filosofía é iso, non quero saber nada dela. Penso, de todos modos, Batiscafo, que a filosofía vai por outro lado. Polo menos desde fai xa un certo tempo... Pero deixemos iso agora. Soamente queda engadir unha cousa: Gracias por estar aí..., aínda que esteas de acordo con un.
    Recordos a Ismael... Bye.

    ResponderEliminar
  7. Uhm... cantas cousas en tan pouco tempo. Estoume a explicar mal, porque o que pretendía dicir é que eu sempre SEMPRE achégome as cousas desde o relativismo e, sobre todo, desde a absoluta ironía. De feito usei a palabra "relatividade" no post anterior.

    Anyway, cal é o mellor modo de ver as pelis? de media hora en media hora? con comentarios polo medio? eu teño moitos problemas con iso (e moi serios porque van co que pretendo aprender a facer que é ensinar algo) e pásame con todo o audiovisual, e en clase traballo constantemente co audiovisual.
    É dicir, poño algo e deixo correr ou paro para comentar? paro para comentar eu ou déixolles falar? (egocentrismo). ¿Intento aproveitar ó máximo toda a clase ou só un anaco?..¿falo e condiciono?

    Bueno, escápase ó fin deste blog, claramente.

    Por último, non teño moi clara a miña visión da filosofía, por unha banda está a historia da filosofía, estética, historia do pensamento e demáis que estudei na miña vida, que parece sempre chegar a uns certos lugares comúns, e con isto refírome "señores catedráticos de universidade" por outra penso que non son quen de falar de filosofía porque non sei e sobre todo, porque non é o meu, (e por iso se o fago é desde unha superficialidade manifiesta).

    E por certo, supoño que na penúltima frase esqueciches un "non" diante do esteas. Pero non sei por qué pensas que non estou dacordo, simplemente comento o que me parece diferente para intentar xerar algo de actividade. Pero podo comezar a ensalzar en calquera momento.

    ResponderEliminar