lunes, 29 de marzo de 2010

Cita inicial


As citas inicias do libro anterior acabaron por ser bastante clarificadoras, se un se para a pensar nelas a touro pasado... Probemos agora a facer outro tanto coa da páxina 9 sobre a verdade e a mentira (supoñemos que non exactamente en sentido extramoral, mais pode que tamén, a maior gloria do vello dinamiteiro). Reflexionemos un anaco sobre ese galimatías que parece un círculo vicioso (e probablemente o é)... Mmmmhhh... ¿Xa está?

¿...Non?

¿Será cousa de volver sobre esta cita máis adiante, cando as cousas se manifesten cual espírito desocupado debaixo do vaso dos fans da "Ouija"? ¿Teremos que acordarnos daquel tipo montado nun cabaliño nas últimas que xogaba ao Capitán Trueno polas pedras resecas da Mancha en compañía doutro friki que falaba raro...?

Pode. Mentres, aí va información sobre o tal Mark Strand, poeta... O poema en cuestión está publicado en castelán dentro do libro "Sólo una canción", por Pre-Textos, como non, no ano 2004 ((con Andrés Trapiello como un dos dous tipógrafos, todo hai que dicilo).

Vale.

2 comentarios:

  1. Me parece una cita muy bien escogida para este libro.

    La relación con Nietzsche puede verse por su criterio de verdad,el ``Übermensh´´, incluso porque se le considerase un autor propio del nazismo...

    ``El Quijote´´, la distinción de lo que es real-irreal en esta obra es muy difusa y es igual de difusa la relación verdad-mentira.

    Me estoy aficionando a los poemas de Mark Strand (lo poco que hay en la red ... ). Muy buenos.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Ben, I., antes que nada moitas gracias outra vez polos teus comentarios (en plural). Con algo máis de tempo entrarei en detalle, mais agora e con certa urxencia quero desfacer un posible enredo, por se acaso. Igual que algo atrás separamos a Wagner da barbarie nazi, agora toca outro tanto con Nietzsche. O ultrahome de Nietzsche ("Übermensch", como ti dis) nada ten que ver co concepto de superhome dos nazis, e creo que tampouco coa versión que a escritora -Rand, creo- ofrece. O ultrahome de Nietzsche é un ou varios individuos que se farían cargo da "morte de Deus" tal e como a entende ese filósofo. Nietzsche fala para individuos. Os nazis falaban de "Alemania" e da "raza aria", e do "Führer", e de "O Partido"; eran nacionalistas e antisemitas, e tiñan unha sensibilidade gregaria, de masas, que chocaba con Nietzsche, e eles sabíano. Nietzsche era antinacionalista e detestaba o antisemitismo de Wagner e outros. Falar de "A Nación Alemana", "O" Partido, "O Líder", etc., é seguir crendo en "Deus" (outro, se se quere, pero para Nietzsche, "Deus", ao final): algo por encima do individuo ao que o individuo ten que se someter: a nación, o partido, o líder infalible, a raza... Todo iso é alleo a Nietzsche (claro que igual que os Testigos de Jehová entenden a Biblia como queren, calquera pode coller a obra de Nietzsche e entendela ao revés..., pero iso non é Nietzsche). Cando falaba de todo iso na entrada, eu estaba a pensar en Rorty, Kundera, a novela, a modernidade e a morte de Deus en relación coa noción de verdade máis alá do platonismo. Tamén de Cervantes e a verdade en relación coa novela, a arte ou a ficción. Sei que ti entendes por onde vai Nietzsche e o seu ultrahome, pero pode que outras persoas non, e por se acaso quería facer esta aclaración...
    Gracias outra vez, e ata pronto...

    ResponderEliminar